Plans e Proxectos

Dámoslle vida ás ideas! Stop Motion en 1º da ESO

Como se pode conseguir que os obxectos se movan sen moverse realmente? O alumnado de 1º da ESO descubriuno a través do seu primeiro proxecto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización: Stop Motion. O reto consistía en dar vida á palabra ANDERSEN mediante unha sucesión de fotografías, empregando obxectos cotiáns, imaxinación e moita creatividade. Organizados en equipos, os […]

O Punto Violeta: un espazo para acompañar, escoitar e protexer

No noso colexio queremos seguir construíndo un espazo no que todas as persoas se sintan seguras, respectadas e libres para ser elas mesmas. Por iso, damos visibilidade ao Punto Violeta, un símbolo do noso compromiso coa igualdade e coa prevención de calquera tipo de violencia machista. Pero, que é o Punto Violeta? É un espazo de […]

Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!

Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto! A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos […]

Unha aventura entre minerais! A ciencia tamén se toca, se observa e se descobre 

E se puidésemos descubrir os segredos que agochan as rochas e os minerais que nos rodean? O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de converterse en pequenos investigadores e investigadoras nun obradoiro de mineraloxía moi especial. Da man de estudantes da Universidade de Vigo, achegámonos ao fascinante mundo dos minerais. A través da […]

O outono tamén se saborea!

Coa chegada do outono, a natureza énchese de cores, aromas e sabores moi especiais. E no Andersen quixemos descubrir esta estación dunha maneira moi saborosa! Os máis pequenos de Primaria convertéronse en auténticos exploradores dos produtos de outono. Castañas, cabazas, noces, noces, cogomelos e outros alimentos propios desta época foron os protagonistas dunha actividade na […]

Un ano máis, arranca LÓVA no Andersen!

Comezamos un novo curso con moitísima ilusión e coa emoción de volver mergullarnos nun proxecto tan especial como LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). O alumnado de 5º de Primaria enfróntase a unha nova aventura na que deixará de ser espectador para converterse no verdadeiro protagonista da creación dunha ópera. Ao longo do curso, […]

Club de Lectura

O día 9 de xuño, de 15:30 a 17:00 horas, o Equipo de Biblioteca organizou un club de lectura ao redor da revista O Papagaio do mes de maio para o alumnado de 3º a 5º de Educación Primaria. Contouse coa presencia de Abraham Carreiro, director e editor da revista, que guiou o club de […]

Plan de Convivencia

O Plan de Convivencia do Colexio Andersen ten como obxectivo promover un clima escolar positivo, inclusivo e respetuoso, favorecendo o desenvolvemento académico, social e emocional do alumnado. O plan establece estratexias de prevención e intervención nos conflitos, contando con: As accións do plan inclúen programas de educación emocional, dinámicas cooperativas e debates, adaptados ás diferentes etapas educativas: Educación Infantil, Primaria e […]