Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!
Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto! A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos […]
O outono tamén se saborea!
Coa chegada do outono, a natureza énchese de cores, aromas e sabores moi especiais. E no Andersen quixemos descubrir esta estación dunha maneira moi saborosa! Os máis pequenos de Primaria convertéronse en auténticos exploradores dos produtos de outono. Castañas, cabazas, noces, noces, cogomelos e outros alimentos propios desta época foron os protagonistas dunha actividade na […]
Un ano máis, arranca LÓVA no Andersen!
Comezamos un novo curso con moitísima ilusión e coa emoción de volver mergullarnos nun proxecto tan especial como LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). O alumnado de 5º de Primaria enfróntase a unha nova aventura na que deixará de ser espectador para converterse no verdadeiro protagonista da creación dunha ópera. Ao longo do curso, […]
A 10º sobre o horizonte
Con moita ilusión e traballo en equipo, o alumnado do Colexio Andersen desenvolveu o proxecto «A 10º sobre o horizonte», unha recreación do eclipse solar total que terá lugar o 12 de agosto de 2026. A través dun vídeo en stop motion e da contrución dun pequeno planetario escolar, conseguimos transformar un fenómeno astronómico nunha […]
Formación Alumnado con Altas Capacidades
O pasado fin de semana participamos no Foro sobre Altas Capacidades: Teoría e práctica da atención e acompañamento das AACC, no Colegio Hogar e a Universidad Intercontinental de la empresa, en Vigo. Deseñado pola «Escuela Fundación Bimba e Lola Asociación Inventiva» e dirixida a docentes e orientadores de infantil, primaria e secundaria, a formación puxo […]
Navega con Rumbo
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP recibiu unha charla sobre o uso responsable e seguro de internet, dentro do programa «Navega con Rumbo». Aprendimos moitísimo sobre os tipos de plataformas que existen, onde vai toda a información que «subimos» e compartimos e os riscos asociados ao seu uso. Foi unha charla moi […]
Semana do Libro e Semana Andersen
Este ano celebramos a Semana do Libro e a Semana Andersen tomando como referencia a vida e as obras de Hans Christian Andersen. Eliximos como fío condutor o conto O Traxe novo do emperador, xa que este relato permite unha relación moi rica co PDI deste curso, «E ti que pintas?», especialmente no ámbito artístico. […]
Saída Santiago de Compostela
A semana pasada, o alumnado de 4º e 5º de EP visitou a cidade de Santiago de Compostela para coñecer a orixe e evolución da mesma ao longo dos séculos, destacando os fitos arquitectónicos, a morfoloxía urbana e os espazos verdes. Esta actividade está englobada dentro do Proxecto Terra no que participa o noso centro […]








