Estamos eclipsados e eclipsadas

Sobre o proxecto

O proxecto «A 10º sobre o horizonte» nace da curiosidade e do entusiasmo que espertou entre o alumnado do Colexio Andersen o eclipse solar total do 12 de agosto de 2026. Esta iniciativa enmárcase dentro da proposta Polos Eclipsados, impulsada pola Xunta de Galicia, que busca achegar o fenómeno astronómico ás aulas a través de experiencias educativas innovadoras e participativas. A partir deste interese colectivo, propuxémonos un reto ambicioso: recrear este extraordinario fenómeno astronómico desde dentro do propio centro educativo, convertendo a ciencia nunha experiencia inmersiva e participativa.

Para conseguilo, construímos un estudo fotográfico no que elaboramos un vídeo en stop motion que recrea o eclipse con rigor científico, transformando ademais un espazo do colexio nun auténtico planetario desde o que proxectalo e vivilo en primeira persoa.

O resultado é unha peza audiovisual de aproximadamente 6 minutos de duración, unhas vinte veces máis rápida ca duración real do eclipse. Cada detalle foi coidado para garantir a fidelidade científica: a orientación da proxección (oeste, 10° de altura) reproduce con precisión a posición real do Sol durante o fenómeno astronómico, trasladando tamén ese rigor á experiencia inmersiva do planetario.

A narración complétase coa voz en off gravada por alumnado de diferentes cursos, convertendo esta proposta nun proxecto colaborativo no que ciencia, creatividade e aprendizaxe se unen para achegar o universo ás aulas.

Carátula do vídeo stop motion — Eclipse Total de Sol, 12.08.2026
Prestreo da proxección no planetario escolar
Proba de dimensión e distribución dos paneis de cartón no futuro planetario
Pintando os cartóns de branco para optimizar a reflexión da proxección

Participantes e fases

O planetario escolar rematado, listo para a primeira proxección
Calibración e configuración do proxector polo alumnado de 2º ESO

EDUCACIÓN PRIMARIA

Estudio fotográfico

Realizaron máis de 300 fotografías no estudio escuro, avanzando 1 mm por imaxe sobre o vidro guía para recrear o movemento da lúa ante o sol.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Edición e efectos

Editaron fotografías con GIMP para engadir elementos imposibles de recrear fisicamente: o anel de diamantes e as perlas de Baily.

2º ESO

Planetario escolar

Construíron a pantalla curva de proxección inspirada en cúpulas xeodésicas, con pezas impresas en 3D, e organizaron o espazo do planetario.

Indicacións de montaxe — Estudio fotográfico

A lámpada esférica de 25 cm simulando o sol no estudio a escuras
A lámpada esférica de 25 cm simulando o sol no estudio a escuras
A lúa, recortada e gravada na cortadora láser do centro
A lúa, recortada e gravada na cortadora láser do centro
O sistema de avance: cinta métrica e soporte do vidro impreso en 3D coa frecha guía
O sistema de avance: cinta métrica e soporte do vidro impreso en 3D coa frecha guía
Detalle do soporte do vidro, deseñado e impreso en 3D na Creality CR-200B
Detalle do soporte do vidro, deseñado e impreso en 3D na Creality CR-200B
O alumnado de 5º EP no estudio escuro, realizando as máis de 300 fotografías do stop motion
O alumnado de 5º EP no estudio escuro, realizando as máis de 300 fotografías do stop motion
  1. Preparar unha sala completamente escura con fondo negro na parede traseira.

3. Colocar o vidro rectangular de pé usando os dous soportes impresos en PLA (negros), que suxeitan o vidro e conteñen a frecha de avance.

5. Montar a cámara nun trípode co estabilizador gymbal. Encadrar co sol centrado. Ese encadramento mantense fixo durante toda a gravación.

Gravación da voz en off: alumnado de diferentes cursos narran o proceso do eclipse

2. Colocar a lámpada esférica de ⌀ 25 cm (o sol) a unha altura determinada, fixada e centrada fronte á cámara.

4. Fixar con cinta adhesiva a guía sobre o vidro á mesma altura que a lámpada. Colocar a lúa (disco creado na cortadora láser) apoiada na guía sobre o vidro.

6. Para cada fotografía: avanzar a lúa 1 mm sobre o vidro seguindo a cinta métrica. Fotografar. Repetir ata completar as máis de 300 imaxes.

7. Ordenar as imaxes e montalas en vídeo. Antes do montaxe, editar con GIMP as fotografías do máximo eclipse para engadir o anel de diamantes e as perlas de Baily.

I am message box. Click edit button to change this text.

I am message box. Click edit button to change this text.

8. Engadir a voz en off gravada polo alumnado, que narra e explica o proceso.
Gravación da voz en off: alumnado de diferentes cursos narran o proceso do eclipse

Indicacións de montaxe — Planetario

Peza de unión entre paneis a 25°, impresa en 3D
Montaxe e ensamblaxe dos paneis xeodésicos no chan
Taladrando con precisión a través da peza guía impresa en 3D
Peza de adaptación pé–tubo impresa en 3D (vista desmontada)
Soporte montado: tubo ríxido de cartón sobre pé de ferro con adaptador 3D
1. Imprimir en 3D as pezas de fusión (aprox. 50 unidades) que unen os paneis a 25°, as pinzas de reforzo, as pezas de adaptación pé–tubo e os aneis de ancoraxe superiores.
1. Imprimir en 3D as pezas de fusión (aprox. 50 unidades) que unen os paneis a 25°, as pinzas de reforzo, as pezas de adaptación pé–tubo e os aneis de ancoraxe superiores.
4. Preparar os pés de ferro pesados con tubos de cartón ríxido. Fixar a peza de adaptación impresa 3D entre o pé e o tubo.

I am message box. Click edit button to change this text.

2. Pintar os paneis de cartón de refugallo con pintura branca para mellorar a reflexión da proxección.
2. Pintar os paneis de cartón de refugallo con pintura branca para mellorar a reflexión da proxección.

5. Colocar os aneis de ancoraxe superiores. Suspender a estrutura xeodésica dos aneis con cordas.

3. Unir os paneis entre si con parafusos a través das pezas de fusión impresas, formando a estrutura curva xeodésica.
6. Orientar a pantalla curva cara ao oeste a ~10° de altura, coincidindo coa posición real do sol durante o eclipse. Calibrar o proxector.

Materiais e recursos empregados

Lámpada esférica ⌀ 25 cm Simula o sol · Comprada en IKEA

Vidro rectangular De balda de moble reutilizada · Base do sistema de guía

Impresora 3D Creality CR-200B Filamento PLA · Todas as pezas a medida

Cortadora/gravadora láser Para crear a lúa do estudio fotográfico

Trípode + gymbal estabilizador Material de Polos creativos · Mantén o sol centrado

Cinta métrica + cinta adhesivaSistema de guía de precisión 1 mm/foto

Cartón de refugallo Pantalla de proxección · Material reutilizado

Pés de ferro + tubos de cartón Estrutura de soporte do planetario

GIMP Edición de imaxes · Software libre

Software de vídeo Montaxe do stop motion · Stop motion app

Conexión curricular

Astrofísica

Eclipses, movemento lunar e solar, escala planetaria

Tecnoloxía e deseño

Impresión 3D, corte láser, estruturas xeodésicas

Artes plásticas

Stop motion, fotografía, edición de imaxe

Lingua
Guión divulgativo, voz en off, comunicación científica
Matemáticas
Escala, medición, ángulos, proporcionalidade
Ciencias naturais
Fenómenos astronómicos, luz e sombra

Licenza CC BY SA NC · Este proxecto publícase baixo licenza Creative Commons Atribución–CompartirIgual–Non Comercial. Os contidos, indicacións de montaxe, arquivos de deseño 3D e 2D están dispoñibles para ser reproducidos por outros equipos docentes.

Arquivos dispoñibles : ficheiros .STL das pezas impresas en 3D · ficheiros de corte láser · instrucións detalladas de montaxe. DESCARGAR

Autoría: Alumnado e profesorado do Colexio Andersen Augalonga · Curso 2025–26