ADN Andersen

Colegio Andersen entrada

ADN Andersen

O Colexio Andersen está localizado no lugar de Augalonga, sito na Garrida, na parroquia de Valladares, ó sur do monte Alba e ó norte do monte Galiñeiro, pertencente ó Concello de Vigo. É un centro froito da xuntanza dun grupo de profesionais do mundo educativo que compartiron uns ideais pedagóxicos, apoiados por uns pais e nais empeñados en apoiar o tipo de escola na que madurarán os seus fillos e fillas.

O centro comeza o seu camiñar nun pequeno piso da Avenida de Fragoso, fronte o Estadio de Balaídos, no ano 1969. Anos máis tarde, acolléndose ó Programa de Transformación e Clasificación de Centros, construíuse o actual centro. A construción deste novo centro comezou no ano 1977 e xa no ano 1989 realízase un cambio xeracional na súa titularidade e parte do equipo de profesionais pasa a dirixir una nova etapa conservando o seu espírito inicial.