Unha oferta diversa
Coordinación e selección de actividades extraescolares na escola buscando unha oferta diversa, rica e respectuosa que se adapte as necesidades das nenas e nenos priorizando a importancia do xogo e o movemento.
A oferta do curso 23/24 é a seguinte:
Danza
A danza é innata nos nenos e nenas, é un método natural para a aprendizaxe e unha forma primitiva de expresión, permitindo que crezan equilibrados a nivel físico, emocional e social. A danza favorece o desenvolvemento físico e emocional.
- Luns e/ou mércores de 16:00 a 17:30 / 1 día 30€/mes/2 días 45€/mes
- Contacto: Rebecca Hanun / 678 708013 / rebecca.hanun@gmail.com
Educación Creadora
Todas as persoas na súa infancia achéganse á pintura como un xogo, a través do xogo conectan consigo mesmas e coa súa necesidade de expresar e entrar nun íntimo contacto coa cor e as formas que saen da súa man e inician un proceso de investigación e aprendizaxe persoal e auto-dirixido. Co xogo de pintar cada unha atopa o seu propio valor, a súa voz individual e a súa forza sen compararse cos demais. Este xogo desvirtúase si poñemos a nosa intención no valor estético xa que se pode caer en dinámicas de comparación e competitividade.
O taller é unha proposta de iniciación á pintura non convencional desde o xogo e a expresión. O obxecto é crear as condicións de asistencia necesarias para que as persoas descubran o seu potencial creador.
- Venres de 16:00 a 17:30 / 35€/mes
- Contacto: Andrea Borda / 651 763 014 / espazomilramas@gmail.com
Baloncesto
O baloncesto favorece o desenvolvemento do equilibrio e a coordinación xa que require estar atento a moitos factores. Ademais das circunstancias persoais, débese vixiar continuamente o balón e ao resto de xogadores. Con este deporte estimúlase especialmente a coordinación ollo-mano e do torso superior. Os deportes en equipo potencian o traballo cooperativo, pensamento estratéxico, comunicación autoestima e resilencia.
- Luns y Mércores de 16:00 a 17:30 / 35€/mes + material ao mes
- Contacto: Kopi 678 493 881 (Whatsapp) / basketgavigo14@gmail.com
Multideporte
Unha actividade física imprescindible para os máis pequenos, fácil de realizar no espazo do centro educativo enfocado a motricidade grosa e fina a axilidade e a autoestima favorecendo a colaboración apoiándonos principalmente nos deportes que inclúan pelota.
- Xoves de 16:00 a 17:30 / 18€/mes + material ao mes
- Contacto: Tatarina 986 121 059 / tatarina@tatarina.es
Piscinas
A natación infantil é unha das actividades deportivas máis completas e solicitadas da oferta de extraescolares. Na AFA traballamos como ponte entre a piscina Municipal de Valadares e o CUVI xestionando as inscricións dos cursos.
- Horarios CUVI
Martes 16:30h > 5 plazas
Martes 17:15h > 10 plazas iniciación/medio
Martes 18:00h > 8 plazas iniciación/medio
- Horarios Valadares
Martes 16:00h > 3 plazas/ 16:45h > 2 plazas
Xoves 16:00h > 1 plaza / 16:45h > 2 plazas
Venres 18:15h > 4 plazas
Actividades realizadas e en curso
- Participación na formación do novo Plan de Convivencia con María Soto.
- Promoción e organización da charla-obradoiro de Educación Creadora con Andrea Borda de Taller Paleta.
- Promoción da formación sobre Atención ao alumnado con altas capacidades para o profesorado e as familias.
Actividades propostas
- Recollida de fondos para a recuperación da biblioteca
- Xuntanza de familias para traballos de enriquecemento do patio.
- Obradoiro mensual interxeracional de cerámica con Carlos Sanclaudio creámica
- Educación Sexual con Erea Devesa (Con Xeito Sexolixía)
- Alimentación saludable. Charla obradoiro con Catalina Prieto (24 Zanahorias)
- Escola Bosque con Jara en el bosque
- Educación non violenta con Carmen Sarmiento