A Asociación de Familias

colexio andersen asociacion de familias de alumnos

Quén somos?

Somos a Asociación de familias dos alumnos do Colexio Andersen Augalonga. A AFA está rexistrada Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra, co número. 1976/000301-1

Participamos na educación dos nosos fillos e apoiamos ao equipo directivo do colexio na organización e desenvolvemento de actividades extraescolares, talleres para alumnos e/o familia, charlas e demais.

As familia e a escola comparten o obxectivo de educar integralmente aos nenos e nenas. Unha boa relación entre familia é o pilar para que o alumnado se sinta parte importante da comunidade. Traballamos, por tanto para ter en conta as necesidades de todas as partes desta pequena comunidade, alumnado, familias, profesorado e persoal non docente.

Realizamos reunións de traballo unha vez ao mes nas que propoñemos novas charlas ou actividades dirixidas á comunidade, falamos dos comentarios e peticións que nos chegan das familias e sempre reservamos un ratiño para falar co Equipo Directivo da escola, que está en continuo contacto ca AFA facilitando todas as propostas que realizamos.

Xunta Directiva

A xunta directiva está formada por familias que representan a todos os ciclos da escola desde infantil a ESO. Para o equipo é importante que estén representadas as necesidades de todo o alumnado. Os membros que a integran e os seus cargos son os seguintes:

Presidenta:

  • Patricia Gestoso Abraín

Tesoureiro:

  • Severino Baloira Neira

Secretaria:

  • Iria Sánchez-Puga Gago

Vogais:

  • Ana Gestoso Abraín
  • Carmen María Arroyo Rodríguez
  • María Juste Hermida
  • Lorena López Gómez (Representante de AFA no Consello Escolar)
  • Pilar Estévez Silva
  • Ana María Rial Hermida

Obxectivos

Crear Comunidade e fomentar actividades onde participen familia, alumnado, profesorado e persoal non docente da escola.

A participación na mellora e enriquecimento do patio e outras instalacións da escola así como colaboración nos eventos que o precisen.

Favorecer a comunicación das familias coa escola.

Propoñer e colaborar con posibles formacións para o profesorado e as familias.

Cota Afa e inscrición na Asociación

A cota é de 25€/ curso por familia. Desde a Xunta Directiva, animámosvos a unirvos a nós e esperámosvos con moita ilusión. Todos somos necesarios para que estes proxectos poidan levarse a cabo. Estamos á vosa disposición para o que necesitedes no correo: afa@colexioandersen.es