Novas

Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!

Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto!

A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos coas palabras e puxemos en práctica a nosa competencia lingüística; xogos de luces e sombras para crear ambientes misteriosos; contos de medo que nos fixeron estar ben atentos; lápidas terroríficas e ata tumbas nas que había que meter a man para descubrir que se agochaba no seu interior. Houbo quen se atreveu sen dubidar e quen o pensou un pouquiño máis antes de meter a man!Pero, se algo fixo especial esta celebración, foi poder compartir a experiencia entre todo o alumnado da escola. Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto da ESO implicáronse de cheo na preparación e dinamización dos obradoiros, converténdose nos anfitrións dunha mañá na que os máis pequenos foron os grandes protagonistas.Entre risas, curiosidade e algún que outro arrepío, os maiores acompañaron os pequenos, axudáronlles a superar os seus medos e compartiron con eles momentos moi divertidos. Unha oportunidade estupenda para coñecerse mellor, relacionarse e crear vínculos máis alá das aulas e das diferenzas de idade.Porque o Samaín é moito máis ca disfraces, sustos e historias de medo: tamén é unha ocasión para aprender xuntos, colaborar e gozar da escola como unha gran comunidade na que todos e todas temos algo que achegar.En definitiva, vivimos un venres diferente, deses que deixan lembranzas, sorrisos e moitas historias que contar. 

Un Samaín para gozar, compartir e, por suposto, levar algún que outro susto!

Tags