Biblioteca

Club de Lectura

O día 9 de xuño, de 15:30 a 17:00 horas, o Equipo de Biblioteca organizou un club de lectura ao redor da revista O Papagaio do mes de maio para o alumnado de 3º a 5º de Educación Primaria. Contouse coa presencia de Abraham Carreiro, director e editor da revista, que guiou o club de […]

Semana do Libro e Semana Andersen

Este ano celebramos a Semana do Libro e a Semana Andersen tomando como referencia a vida e as obras de Hans Christian Andersen. Eliximos como fío condutor o conto O Traxe novo do emperador, xa que este relato permite unha relación moi rica co PDI deste curso, «E ti que pintas?», especialmente no ámbito artístico. […]

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos este día construíndo convivencia, respecto e coidado mutuo a través do apadriñamento lector, onde o alumnado maior acompaña aos máis pequenos, creando vínculos baseados na axuda, na empatía e na aprendizaxe compartida. Ademais, ao longo desa semana inspirámonos na obra de Maruja Mallo «La Verbena» coa que a artista […]

BENVIDOS AO CURSO 24-25

Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”. Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por todo o corpo Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “Todas as cancións falan de min”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita bailar ao son da música […]

Portada Verme de Fernández y González
Verme

Federico Fernández. Ed. Kalandraka. “Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que serás quen de cavar a terra, limpala e fertilizala, e mesmo viaxar ao centro da Terra. Mira con atención e poderás descubrir as súas aventuras!

Atlas Espana
Atlas de España. Un viaje para conocer lo más asombroso de España

Joaquín Arias Pereira e Alejandra Fernández Mingorance. Ed. GeoPLaneta. Poderás embarcarte nunha viaxe chea de sorpresas: explorarás desertos, escalarás volcáns, visitarás castelos, coñecerás seres mitolóxicos, mesmo poderás viaxar no tempo e descubrir que ocorreu aquí hai unha morea de anos e tamén coñecer a españois famosos que tiveron vidas moi interesantes.