Como se pode conseguir que os obxectos se movan sen moverse realmente? O alumnado de 1º da ESO descubriuno a través do seu primeiro proxecto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización: Stop Motion.
O reto consistía en dar vida á palabra ANDERSEN mediante unha sucesión de fotografías, empregando obxectos cotiáns, imaxinación e moita creatividade.
Organizados en equipos, os rapaces e rapazas planificaron as súas historias, deseñaron as escenas, realizaron as fotografías e editaron as súas propias creacións, descubrindo así as posibilidades desta técnica audiovisual.
Unha experiencia na que a aprendizaxe vai moito máis alá da tecnoloxía: traballo cooperativo, planificación, resolución de problemas, creatividade e competencia dixital.
O resultado? Historias sorprendentes, ideas orixinais e moitas ganas de seguir creando!
Preme nos vídeos e disfruta das súas creacións. Que comece a función!
https://sites.google.com/colexioandersen.es/tecnoloxia-e-dixitalizacion/?pli=1&authuser=0

