O pasado 4 de novembro celebramos na Fraga da Palabra unha sesión de formación de usuarios dirixida ás familias, co obxectivo de dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca e aprender a aproveitar ao máximo todos os recursos e servizos que ofrece.
Para aquelas familias que non puidestes asistir, compartimos a continuación algunhas informacións e ligazóns de interese:
- Catálogo da biblioteca: na seguinte web podedes consultar todos os libros dos que dispoñemos na nosa biblioteca e descubrir os seus fondos: https://cprandersenaugalonga.edubib.xunta.gal/
- Plataforma E-LBE.2: unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais na que podedes acceder a libros e outros recursos desde os vosos dispositivos. Para utilizala, só tedes que solicitar as credenciais de acceso escribindo a biblioteca.cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal. Acceder a E-LBE.2
- Blog da biblioteca: no noso blog compartimos as novidades, recomendacións lectoras, actividades e propostas que desenvolvemos na Fraga da Palabra. Visitar o blog da biblioteca
Ademais, achegamos o tríptico informativo sobre o uso e funcionamento da biblioteca e a presentación utilizada durante a formación, onde atoparedes información máis detallada sobre todos estes recursos.
Agardamos que esta información vos resulte útil e vos anime a seguir descubrindo, compartindo e gozando da lectura coa Fraga da Palabra.
A biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa. Agardámosvos!
