Biblioteca Infantil

A Fraga da Palabra: información para as familias

O pasado 4 de novembro celebramos na Fraga da Palabra unha sesión de formación de usuarios dirixida ás familias, co obxectivo de dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca e aprender a aproveitar ao máximo todos os recursos e servizos que ofrece. Para aquelas familias que non puidestes asistir, compartimos a continuación algunhas informacións e ligazóns […]

Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!

Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto! A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos […]

Unha aventura para descubrir cos cinco sentidos!

O alumnado de Educación Infantil realizou unha saída didáctica ao Pazo Quiñones de León, en Castrelos, para vivir unha experiencia chea de descubrimentos e aprendizaxes. Ao longo da visita, convertémonos en pequenos exploradores e exploradoras para descubrir o noso contorno a través dos cinco sentidos: observamos as cores, as formas e os detalles do pazo; escoitamos […]

Formación Alumnado con Altas Capacidades

O pasado fin de semana participamos no Foro sobre Altas Capacidades: Teoría e práctica da atención e acompañamento das AACC, no Colegio Hogar e a Universidad Intercontinental de la empresa, en Vigo. Deseñado pola «Escuela Fundación Bimba e Lola Asociación Inventiva» e dirixida a docentes e orientadores de infantil, primaria e secundaria, a formación puxo […]

Semana do Libro e Semana Andersen

Este ano celebramos a Semana do Libro e a Semana Andersen tomando como referencia a vida e as obras de Hans Christian Andersen. Eliximos como fío condutor o conto O Traxe novo do emperador, xa que este relato permite unha relación moi rica co PDI deste curso, «E ti que pintas?», especialmente no ámbito artístico. […]

Imagen desde la puerta del edificio principal del colegio andersen
En lembranza de Mari Carmen Filgueira

O Colexio Andersen lamenta fondamente o falecemento de Mari Carmen Filgueira, cofundadora e mestra do noso centro e figura clave na súa creación e desenvolvemento. A súa dedicación, ilusión e compromiso coa educación deixaron unha pegada inesquecible na nosa comunidade educativa. Acompañamos con todo o noso agarimo á súa familia e persoas achegadas. O seu legado vivirá […]