Novas

Biscoito de castañas

Coa chegada do outono tamén chegan os seus froitos, e un dos nosos preferidos son, sen dúbida, as castañas! Canto nos gusta apañalas no enorme castiñeiro do patio! O alumnado de 2º de Educación Primaria aproveitou esta ocasión para achegarse á cociña e degustar este delicioso froito a través dunha receita moi especial: a do conto Biscoito de […]

Dámoslle vida ás ideas! Stop Motion en 1º da ESO

Como se pode conseguir que os obxectos se movan sen moverse realmente? O alumnado de 1º da ESO descubriuno a través do seu primeiro proxecto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización: Stop Motion. O reto consistía en dar vida á palabra ANDERSEN mediante unha sucesión de fotografías, empregando obxectos cotiáns, imaxinación e moita creatividade. Organizados en equipos, os […]

A Fraga da Palabra: información para as familias

O pasado 4 de novembro celebramos na Fraga da Palabra unha sesión de formación de usuarios dirixida ás familias, co obxectivo de dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca e aprender a aproveitar ao máximo todos os recursos e servizos que ofrece. Para aquelas familias que non puidestes asistir, compartimos a continuación algunhas informacións e ligazóns […]

O Punto Violeta: un espazo para acompañar, escoitar e protexer

No noso colexio queremos seguir construíndo un espazo no que todas as persoas se sintan seguras, respectadas e libres para ser elas mesmas. Por iso, damos visibilidade ao Punto Violeta, un símbolo do noso compromiso coa igualdade e coa prevención de calquera tipo de violencia machista. Pero, que é o Punto Violeta? É un espazo de […]

Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!

Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto! A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos […]