Imagen desde la puerta del edificio principal del colegio andersen
En lembranza de Mari Carmen Filgueira

O Colexio Andersen lamenta fondamente o falecemento de Mari Carmen Filgueira, cofundadora e mestra do noso centro e figura clave na súa creación e desenvolvemento. A súa dedicación, ilusión e compromiso coa educación deixaron unha pegada inesquecible na nosa comunidade educativa. Acompañamos con todo o noso agarimo á súa familia e persoas achegadas. O seu legado vivirá […]

Imagen decorativa de los niños realizando un circulo con los pies
PORTAS ABERTAS 23 DE XANEIRO

📅 23 de xaneiro🕔 Ás 17:00 h O Colexio Andersen Vigo querémosvos convidar a vivir unha tarde diferente, pensada para toda a familia. Será a ocasión perfecta para descubrir un colexio no que aprender se converte nunha experiencia emocionante: coñeceredes as nosas modernas instalacións, o fermoso entorno natural que nos rodea e participaredes en actividades familiares que vos permitirán sentir de primeira man a nosa forma […]

SORTEO CESTA DE NADAL

O número premiado foi o 548. Se tes este número, escríbenos a cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal para poñerte en contacto connosco. O premio poderá recollerse ata o 31 de decembro. 🎉 PREMIO XA ENTREGADO. Agardamos que o desfrutedes! Felices Festas!

Formación Bibliotecas escolares

O pasado martes o profesorado da ESO estivo nunha formación dentro do programa de Dinaminación de Bibliotecas Escolares, no IES Valadares. Grazas a Alejandra polo teu tempo, foi unha tarde moi interesante na que aprendimos moitísimo.

25N

ARTE E RESISTENCIA: MULLERES QUE LOITARON CO SEU PINCEL O 25 de novembro celebrouse o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano quixemos lembrar esta data a través da arte, coñecendo a vida e a obra de mulleres artistas que sufriron a violencia, o esquecemento ou a desigualdade, pero que souberon transformar […]