Medrando entre libros
A biblioteca, A Fraga da Palabra é un espazo vivo que acompaña a vida do colexio desde a súa fundación. Un lugar de encontro, imaxinación e aprendizaxe no que o alumnado medra rodeado de libros, ideas e creatividade.
Que facemos?
Promovemos o gusto pola lectura e o contacto cos distintos xéneros literarios, achegando ao alumnado a escritores e escritoras clásicos e actuais dun xeito motivador e participativo.
Actividades e experiencias
Ao longo do curso desenvolvemos unha ampla variedade de propostas:
-
Lecturas compartidas
-
Contacontos e concursos
-
Obradoiros creativos e actividades plásticas
-
Xogos literarios e teatro
-
Exposicións e encontros con autores
A biblioteca é tamén un espazo de expresión artística e creativa, onde o alumnado pode crear, experimentar e compartir.
Kamaleo, a nosa mascota
A nosa mascota Kamaleo acompaña as actividades da biblioteca, animando aos máis pequenos —e tamén aos maiores— a descubrir o pracer de ler.
Biblioteca PLAMBE
O colexio forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia (PLAMBE), o que nos permite contar cunha biblioteca activa, actualizada e aberta a toda a comunidade educativa.
A Fraga da Palabra é un apoio esencial para o ensino e a aprendizaxe e contribúe ao éxito escolar e persoal do alumnado.
Un espazo que medra
Ao longo de todo o curso xorden novas propostas que enriquecen a vida escolar e fortalecen o vínculo cos libros, facendo da lectura unha experiencia viva, compartida e significativa.
Lecturas recomendadas
O Punto Violeta: un espazo para acompañar, escoitar e protexer
No noso colexio queremos seguir construíndo un espazo no que todas as persoas se sintan seguras, respectadas e libres para ser elas mesmas. Por iso, damos visibilidade ao Punto Violeta, un símbolo do noso compromiso coa igualdade e coa prevención de calquera tipo de violencia machista. Pero, que é o Punto Violeta? É un espazo de […]
Un Samaín cheo de misterio, sustos e moita convivencia!
Coa chegada do outono e o mes de outubro chegando á súa fin, o pasado venres celebramos o Samaín na escola cunha mañá moi especial, chea de misterio, creatividade e algún que outro susto! A escola encheuse de propostas arrepiantes nas que a imaxinación foi a gran protagonista. Houbo obradoiros de epitafios, nos que xogamos […]
Unha aventura entre minerais! A ciencia tamén se toca, se observa e se descobre
E se puidésemos descubrir os segredos que agochan as rochas e os minerais que nos rodean? O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de converterse en pequenos investigadores e investigadoras nun obradoiro de mineraloxía moi especial. Da man de estudantes da Universidade de Vigo, achegámonos ao fascinante mundo dos minerais. A través da […]
O outono tamén se saborea!
Coa chegada do outono, a natureza énchese de cores, aromas e sabores moi especiais. E no Andersen quixemos descubrir esta estación dunha maneira moi saborosa! Os máis pequenos de Primaria convertéronse en auténticos exploradores dos produtos de outono. Castañas, cabazas, noces, noces, cogomelos e outros alimentos propios desta época foron os protagonistas dunha actividade na […]
Club de Lectura
O día 9 de xuño, de 15:30 a 17:00 horas, o Equipo de Biblioteca organizou un club de lectura ao redor da revista O Papagaio do mes de maio para o alumnado de 3º a 5º de Educación Primaria. Contouse coa presencia de Abraham Carreiro, director e editor da revista, que guiou o club de […]















