Biblioteca

BENVIDOS AO CURSO 24-25

Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”. Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por todo o corpo Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “Todas as cancións falan de min”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita bailar ao son da música […]

Portada Verme de Fernández y González
Verme

Federico Fernández. Ed. Kalandraka. “Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que serás quen de cavar a terra, limpala e fertilizala, e mesmo viaxar ao centro da Terra. Mira con atención e poderás descubrir as súas aventuras!

Atlas Espana
Atlas de España. Un viaje para conocer lo más asombroso de España

Joaquín Arias Pereira e Alejandra Fernández Mingorance. Ed. GeoPLaneta. Poderás embarcarte nunha viaxe chea de sorpresas: explorarás desertos, escalarás volcáns, visitarás castelos, coñecerás seres mitolóxicos, mesmo poderás viaxar no tempo e descubrir que ocorreu aquí hai unha morea de anos e tamén coñecer a españois famosos que tiveron vidas moi interesantes.

Cartografia Cuento Popular
Cartografía del cuento popular

Nono Granero.Ed. Ekaré. Este libro agacha doce contos populares de procedencias moi diversas. Historias de sabios e meigas, heroes e malvados, princesas e mendigos, países lonxanos e infindas aventuras. Relatos presentados en forma de mapas que invitan a manter viva a maxia da tradición oral.