Novas

Plan Anual de Lectura

O centro desenvolve ao longo do curso diversas actividades para fomentar o hábito lector e o gusto polos libros en todas as etapas educativas. Entre elas destaca un tempo diario de lectura, adaptado ás características do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

Ademais, organízanse obradoiros creativos relacionados coa lectura e a escritura, así como actividades de apadrinamento lector, nas que o alumnado maior acompaña e anima aos máis pequenos a descubrir o pracer de ler.

Todas estas iniciativas contribúen a mellorar a competencia lingüística, a autonomía persoal e o interese pola aprendizaxe, facendo da lectura unha experiencia compartida e enriquecedora.