Comedor

O Centro conta cun servizo de catering que fornece comidas diariamente, dirixido tanto ao alumnado usuario habitual do comedor como ao alumnado que, de maneira puntual, participe en actividades extraescolares ou precise facer uso do servizo de forma ocasional.

O funcionamento do comedor está permanentemente supervisado por persoal cualificado do propio servizo de catering, así como por persoal do Centro, co obxectivo de garantir unha correcta organización, a seguridade do alumnado e un ambiente axeitado durante o tempo de xantar.

A partir das 16:00 horas, o alumnado que permanece no Centro participa en actividades educativas, lúdicas e de reforzo, organizadas e dirixidas por profesorado da escola. Estas actividades están deseñadas para favorecer a convivencia, o aproveitamento do tempo libre e o desenvolvemento persoal do alumnado nun entorno seguro, educativo e motivador.

Comedor del colegio andersen

Menu

O horario diario do comedor é dende as 14:30 ata as 16:30h., de setembro a xuño.

Os martes pola tarde, o alumnado da ESO, traerá o seu propio almorzo, Estarán supervisados por persoal-monitor específico para este servizo puntual. Tamén poderán facer uso do comedor escolar.