Novas

Dámoslle vida ás ideas! Stop Motion en 1º da ESO

Como se pode conseguir que os obxectos se movan sen moverse realmente? O alumnado de 1º da ESO descubriuno a través do seu primeiro proxecto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización: Stop Motion.

O reto consistía en dar vida á palabra ANDERSEN mediante unha sucesión de fotografías, empregando obxectos cotiáns, imaxinación e moita creatividade.

Organizados en equipos, os rapaces e rapazas planificaron as súas historias, deseñaron as escenas, realizaron as fotografías e editaron as súas propias creacións, descubrindo así as posibilidades desta técnica audiovisual.

Unha experiencia na que a aprendizaxe vai moito máis alá da tecnoloxía: traballo cooperativo, planificación, resolución de problemas, creatividade e competencia dixital.

O resultado? Historias sorprendentes, ideas orixinais e moitas ganas de seguir creando!

 Preme nos vídeos e disfruta das súas creacións. Que comece a función!

https://sites.google.com/colexioandersen.es/tecnoloxia-e-dixitalizacion/?pli=1&authuser=0

Tags