Novas

Semana do Libro e Semana Andersen

Este ano celebramos a Semana do Libro e a Semana Andersen tomando como referencia a vida e as obras de Hans Christian Andersen. Eliximos como fío condutor o conto O Traxe novo do emperador, xa que este relato permite unha relación moi rica co PDI deste curso, «E ti que pintas?», especialmente no ámbito artístico. Ambientamos a nosa escola con este conto e o venres pasado puxemos o broche final á semana cun apadriñamento lector.