Novas

Visita de exparlamentarias galegas

O pasado luns, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a visita de Leticia Gallego , María de los Ángeles García e Carmen Adán, exparlamentarias galegas coas que tiveron unha charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia e a súa experiencia na política. Puideron coñecer como foron os seus inicios na política, as súas vivencias no Parlamento Galego e debatir sobre temas de actualidade que están a afectar á sociedade. É o segundo ano que o colexio organizada esta actividade en colaboración coa a Asociación de Exparlamentarios/as galegos/as co obxectivo de espallar os valores da democracia entre a xente moza e achegar a política á xuventude. Foi unha charla moi interesante. Grazas pola vosa visita!