Novas

Semana da Ciencia

Este ano, e con motivo do noso PDI «Todas as cancións falan de min», fusionamos ciencia e música para celebrar a nosa semana da ciencia. Aprendimos cousas curiosas sobre a relación entre as matemáticas e as harmonías, entre a física e a beleza das ondas sonoras, creamos música con limóns, fabricamos os nosos propios «inter-comunicadores» e descubrimos sons marabillosos na natureza, entre outras moitas actividades. Foi unha semana onde charlas, obradoiros e exposicións fixeron, un ano máis, unha semana da ciencia inesquecíbel.