Novas

Saída Santiago de Compostela

A semana pasada, o alumnado de 4º e 5º de EP visitou a cidade de Santiago de Compostela para coñecer a orixe e evolución da mesma ao longo dos séculos, destacando os fitos arquitectónicos, a morfoloxía urbana e os espazos verdes. Esta actividade está englobada dentro do Proxecto Terra no que participa o noso centro e que ten como obxectivo que a cidadanía perciba a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura e como elementos esenciais do noso hábitat. Fixemos un percorrido polo centro histórico, coa visita á Catedral, ao Museo da Catedral e ás cubertas, sen esquecer a Alameda e o parque de Bonaval, o CGAC e o Museo do Pobo Galego. Aprendimos moitísimas cousas. Foi un día intenso e moi completo!