Novas

PORTAS ABERTAS 26 DE XANEIRO

📅 26 de xaneiro
🕔 Ás 17:00 h

Colexio Andersen Vigo querémosvos convidar a vivir unha tarde diferente, pensada para toda a familia.

Será a ocasión perfecta para descubrir un colexio no que aprender se converte nunha experiencia emocionante: coñeceredes as nosas modernas instalacións, o fermoso entorno natural que nos rodea e participaredes en actividades familiares que vos permitirán sentir de primeira man a nosa forma de entender a educación.

No Andersen Vigo apostamos por unha pedagoxía activa, respectando os ritmos individuais, fomentando a creatividade, a curiosidade e a educación emocional, e acompañando ao alumnado no seu desenvolvemento académico e persoal. Aquí, aprender non é só adquirir coñecementos: é crecer, explorar, emocionarse e descubrir o mundo ao teu ritmo.

Se queredes coñecer o noso proxecto educativo de forma máis personalizada, tamén podedes concretar visitas individualizadas chamando ao 986 469 412 ou escribindo a cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal

Aquí, aprender non é só adquirir coñecementos: é medrar xuntas e xuntos, explorar, emocionarse e descubrir o mundo ao teu ritmo.

Niños en el patio realizando actividades