Novas

Luces, cámara e acción!

Despois do duro traballo do primeiro trimestre repartindo os papeis, os personaxes, os diferentes cargos e discutindo sobre o guión, agora si, comezamos coas gravacións do gran musical de 4º ESO «Hoxe non me podo levantar». Está resultando un traballo sorprendente e enriquecedor, pero sobre todo moi divertido onde non deixamos de rir en cada toma. Manterémosvos informados…