INNOVACIÓN DOS ESPAZOS DE APRENDIZAXE
Queremos, desexamos e traballamos para que todo o Colexio Andersen sexa un espazo real e virtual para a aprendizaxe que nos serva para aprender e crecer como persoas, como grupo.
Desde fai moitos anos, desde a creación do Colexio Andersen, apostouse polo xogo, polo uso do Tempo Libre, como unha ferramenta de aprendizaxe dentro do horario escolar e dentro do currículo escolar.
Este espazo poderá utilizarse nos tempos de recreo, nos tempos lectivos de aprendizaxe.
Obxectivos:
- Crear un espazo de aprendizaxe a través do xogo, de actividades interactivas e cooperativas.
- Fomentar e estimular todas aquelas potencialidades que están presentes no desenvolvemento das intelixencias múltiples: lingüística-verbal, lóxico-matemática, naturalista, visual-espacial, musical, interpersoal e intrapersoal).
- Crear una dinámica diferente que achegue e afonde nas potencialidades individuais e grupais do noso alumnado.
- Descubrir novas formas e materiais para xogar.
- Complementar o traballo-aprendizaxe de aula.