O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Grazas ao alumnado de 4º EP por facernos pasar un rato con moito ritmo coa adaptación da poesía de Gloria Fuertes «Solo tres letras» e unha coreografía de percusión con claves moi orixinal. Despois seguimos co apadriñamento lector, onde afillados e afilladas gozaron cos seus padriños e madriñas dun momento agradable de lectura baixo un sol radiante.
3
febrero