Apadriñamento lector polo Día de Rosalía
O pasado venres levamos a cabo no centro unha xornada de apadriñamento lector arredor da figura de Rosalía de Castro. O alumnado padriño compartiu cos seus afillados e afilladas diferentes poemas e fragmentos da autora, explicando tamén, dun xeito sinxelo, que foi e por que é tan importante para a nosa cultura.
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos este día construíndo convivencia, respecto e coidado mutuo a través do apadriñamento lector, onde o alumnado maior acompaña aos máis pequenos, creando vínculos baseados na axuda, na empatía e na aprendizaxe compartida. Ademais, ao longo desa semana inspirámonos na obra de Maruja Mallo «La Verbena» coa que a artista […]
Páxina web da rede de bibliotecas escolares de Galicia
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog
BENVIDOS AO CURSO 24-25
Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”. Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por todo o corpo Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “Todas as cancións falan de min”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita bailar ao son da música […]
Verme
Federico Fernández. Ed. Kalandraka. “Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que serás quen de cavar a terra, limpala e fertilizala, e mesmo viaxar ao centro da Terra. Mira con atención e poderás descubrir as súas aventuras!
Atlas de España. Un viaje para conocer lo más asombroso de España
Joaquín Arias Pereira e Alejandra Fernández Mingorance. Ed. GeoPLaneta. Poderás embarcarte nunha viaxe chea de sorpresas: explorarás desertos, escalarás volcáns, visitarás castelos, coñecerás seres mitolóxicos, mesmo poderás viaxar no tempo e descubrir que ocorreu aquí hai unha morea de anos e tamén coñecer a españois famosos que tiveron vidas moi interesantes.








