All posts by AndersenAdmin

placeholder pendiente
Obradoiros Dinámicos

Para nós é importante abrir espazos educativos que contribúan a espertar a curiosidade e favorezan a formación persoal e social das persoas. Ampliar o currículo a outros campos formativos sempre estivo na nosa filosofía. A  moda-costura, a robótica, o teatro, a radio, a cociña, os eco-obradoiros… poden contribuír a dinamizar eses obxectivos do centro. Estas […]

placeholder pendiente
Proxecto Educativo

Vivimos nunha realidade social caracterizada polo continuo cambio, organizada en sistemas plurais e globalizados, con novas esixencias laborais, claves culturais e modos de convivencia diversificados. O normal é a diversidade. A realidade é a materialización das expectativas creadas entre, por e para todos e todas. Unha realidade aberta, plural, flexible, acolledora, inclusiva. Na nosa tradición […]

Renovación do Consello Escolar 2022

Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do Colexio Andersen. Animamos á comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao Consello Escolar para, deste xeito, participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo. Información referente ao proceso:

Portada Verme de Fernández y González
Verme

Federico Fernández. Ed. Kalandraka. “Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que serás quen de cavar a terra, limpala e fertilizala, e mesmo viaxar ao centro da Terra. Mira con atención e poderás descubrir as súas aventuras!

Atlas Espana
Atlas de España. Un viaje para conocer lo más asombroso de España

Joaquín Arias Pereira e Alejandra Fernández Mingorance. Ed. GeoPLaneta. Poderás embarcarte nunha viaxe chea de sorpresas: explorarás desertos, escalarás volcáns, visitarás castelos, coñecerás seres mitolóxicos, mesmo poderás viaxar no tempo e descubrir que ocorreu aquí hai unha morea de anos e tamén coñecer a españois famosos que tiveron vidas moi interesantes.

Cartografia Cuento Popular
Cartografía del cuento popular

Nono Granero.Ed. Ekaré. Este libro agacha doce contos populares de procedencias moi diversas. Historias de sabios e meigas, heroes e malvados, princesas e mendigos, países lonxanos e infindas aventuras. Relatos presentados en forma de mapas que invitan a manter viva a maxia da tradición oral.