Novas

Apadriñamento lector polo Día de Rosalía

O pasado venres levamos a cabo no centro unha xornada de apadriñamento lector arredor da figura de Rosalía de Castro.

O alumnado padriño compartiu cos seus afillados e afilladas diferentes poemas e fragmentos da autora, explicando tamén, dun xeito sinxelo, que foi e por que é tan importante para a nosa cultura.