Medrando entre libros
A biblioteca, A Fraga da Palabra é un espazo vivo que acompaña a vida do colexio desde a súa fundación. Un lugar de encontro, imaxinación e aprendizaxe no que o alumnado medra rodeado de libros, ideas e creatividade.
Que facemos?
Promovemos o gusto pola lectura e o contacto cos distintos xéneros literarios, achegando ao alumnado a escritores e escritoras clásicos e actuais dun xeito motivador e participativo.
Actividades e experiencias
Ao longo do curso desenvolvemos unha ampla variedade de propostas:
-
Lecturas compartidas
-
Contacontos e concursos
-
Obradoiros creativos e actividades plásticas
-
Xogos literarios e teatro
-
Exposicións e encontros con autores
A biblioteca é tamén un espazo de expresión artística e creativa, onde o alumnado pode crear, experimentar e compartir.
Kamaleo, a nosa mascota
A nosa mascota Kamaleo acompaña as actividades da biblioteca, animando aos máis pequenos —e tamén aos maiores— a descubrir o pracer de ler.
Biblioteca PLAMBE
O colexio forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia (PLAMBE), o que nos permite contar cunha biblioteca activa, actualizada e aberta a toda a comunidade educativa.
A Fraga da Palabra é un apoio esencial para o ensino e a aprendizaxe e contribúe ao éxito escolar e persoal do alumnado.
Un espazo que medra
Ao longo de todo o curso xorden novas propostas que enriquecen a vida escolar e fortalecen o vínculo cos libros, facendo da lectura unha experiencia viva, compartida e significativa.
Lecturas recomendadas
Apadriñamento lector polo Día de Rosalía
O pasado venres levamos a cabo no centro unha xornada de apadriñamento lector arredor da figura de Rosalía de Castro. O alumnado padriño compartiu cos seus afillados e afilladas diferentes poemas e fragmentos da autora, explicando tamén, dun xeito sinxelo, que foi e por que é tan importante para a nosa cultura.
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos este día construíndo convivencia, respecto e coidado mutuo a través do apadriñamento lector, onde o alumnado maior acompaña aos máis pequenos, creando vínculos baseados na axuda, na empatía e na aprendizaxe compartida. Ademais, ao longo desa semana inspirámonos na obra de Maruja Mallo «La Verbena» coa que a artista […]
Páxina web da rede de bibliotecas escolares de Galicia
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog














