Coa chegada do outono tamén chegan os seus froitos, e un dos nosos preferidos son, sen dúbida, as castañas! Canto nos gusta apañalas no enorme castiñeiro do patio!
O alumnado de 2º de Educación Primaria aproveitou esta ocasión para achegarse á cociña e degustar este delicioso froito a través dunha receita moi especial: a do conto Biscoito de castañas, de Eva Mejuto.
Este libro, ademais de inspirarnos para preparar a receita, serviunos como recurso para traballar as secuencias textuais: coñecer as diferentes partes dun conto e aprender a describir os seus protagonistas.
Ler, aprender e experimentar tamén pode ter un sabor delicioso!


















