Comezamos un novo curso con moitísima ilusión e coa emoción de volver mergullarnos nun proxecto tan especial como LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje).
O alumnado de 5º de Primaria enfróntase a unha nova aventura na que deixará de ser espectador para converterse no verdadeiro protagonista da creación dunha ópera. Ao longo do curso, traballarán en equipo, descubrirán diferentes profesións artísticas, asumirán responsabilidades e darán forma a unha creación propia na que cada persoa terá algo importante que achegar.
E se algo temos claro é que cada ano nos sorprenden máis! A súa curiosidade, a atención con que seguen cada noticia e a ilusión coa que reciben cada novidade demóstrannos que este proxecto vai moito máis alá da música e do teatro.
Agora toca soñar, crear, investigar e traballar en equipo. Porque unha gran ópera non nace da nada: constrúese coas ideas, o talento, o esforzo e a ilusión de todos e todas.
Que comece a función! Este ano promete!
