Con moita ilusión e traballo en equipo, o alumnado do Colexio Andersen desenvolveu o proxecto «A 10º sobre o horizonte», unha recreación do eclipse solar total que terá lugar o 12 de agosto de 2026. A través dun vídeo en stop motion e da contrución dun pequeno planetario escolar, conseguimos transformar un fenómeno astronómico nunha experiencia educativa única. Un proxecto colaborativo que implicou a alumnado de distintos niveis e etapas. O pasado 9 de xuño tivemos a satisfacción de recoller o recoñecemento da Xunta de Galicia por estar entre el 20 mellores proxectos científicos sobre o eclipse.

