Este ano conmemoramos o 8 de marzo con diversas actividades ao longo da semana. Comezamos por visibilizar unha realidade: a pouca representación da muller na arte a través de diferentes propostas e o venres levamos a cabo o acto no que todo o alumnado participuo escoitando o manifesto. Despois alzáronse as imaxes daquelas mulleres inspiradoras para elas e eles, poñendo en valor as súas achegas e reivindicando o seu papel nas súas vidas, na historia, na cultura e na sociedade e rematamos construíndo unha figura humana do 8M.

