O mércores 22 de outubro o alumnado da ESO visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEMe), da Universidade de Vigo, para levar a cabo un obradoiro de recoñecemento de minerais dentro do programa de actividades de divulgación científica que está levando a cabo a EEMe ao longo do curso. Durante a mañá aprendimos a identificar os minerais máis comúns da natureza partindo das súas propiedades físicas, como a dureza, a raia, a cor, a súa solubilidade ou o magnetismo. Tamén lembramos cales eran os seus usos e como podemos atopalos no campo. Foi moi interesante!

