Novas

Onde está a túa información cando vai » á nube»

Onte o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu a visita de Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, para falar sobre a computación da «nube», os grandes centros de almacenamento da información que proporciónase na rede e a súa seguridade. Desvelounos o paradigma que isto supón e axudounos a interpretar se é axeitado o seu uso, xunto coa computación en dispositivos pequenos, para solucións de intelixencia artificial. Foi unha charla moi interesante!