Novas

Instrumentos «diferentes»

O alumnado de 2º ESO levou a cabo unha mostra de instrumentos musicais elaborados por eles ao longo de todo o proceso. Empregando sobre todo cartón, botellas, gomas, anacos de madeira e outros recursos, puxeron de manifesto a súa creatividade e destreza no ámbito musical e artístico.

Día do 8M

Este ano conmemoramos o 8 de marzo con diversas actividades ao longo da semana. Comezamos por visibilizar unha realidade: a pouca representación da muller na arte a través de diferentes propostas e o venres levamos a cabo o acto no que todo o alumnado participuo escoitando o manifesto. Despois alzáronse as imaxes daquelas mulleres inspiradoras […]

Feira educativa

O pasado venres, o alumnado de secundaria asistiu á Feira educativa anual nas instalacións do Verbum. Esta actividade leva unha década guiando a estudantes, familias e profesionais da educación polas moitas vías formativas dispoñibles para construír un futuro sólido ou emprender procesos de reciclaxe profesional. Durante a nosa visita o alumnado recibiu unha pequena charla […]

O monte é vida

Este mércores, o alumnado de 5º e 6º EP recibiu unha charla medioambiental sobre o monte galego coa fin de impulsar a participación activa e responsable dos escolares na protección do noso medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do noso monte, fomentando […]

Videoxogos en galego

O pasado venres ao alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha charla-obradoiro sobre orientación académica a partir dos videoxogos, organizada pola Universidade de Vigo (Grao en Tradución e Interpretación) e impartida por Leticia Robles, pertencente ao programa de doctorado en Traducción & Paratradución, e que percorre diferentes centros amosando a importancia deste sector […]