Novas

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como peche ás actividades da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, hoxe o alumnado de 1º ESO recibiu a visita de Romina Àlvarez Troncoso, científica de traxectoria internacional e especializada en limnoloxía, coa que tivemos a oportunidade de achegarnos máis ao mundo da ciencia compartindo con ela as súas experiencias, […]

Cando as paredes falan

Na Fraga da Palabra estamos de volta inaugurando un novo espazo artístico que leva por título «Cando as paredes falan», e no que estarán traballando 1º e 2ºEP. Trátase dunha instalación de arte progresiva baseada nos dous graffitis de 3ttman que hai en Vigo e onde os participantes teñen que construir un mural de arte […]

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos este día construíndo convivencia, respecto e coidado mutuo a través do apadriñamento lector, onde o alumnado maior acompaña aos máis pequenos, creando vínculos baseados na axuda, na empatía e na aprendizaxe compartida. Ademais, ao longo desa semana inspirámonos na obra de Maruja Mallo «La Verbena» coa que a artista […]

Día das Zonas Húmidas

Con motivo do Día das Zonas Húmidas e dentro do Programa de Educación Ambiental «Patrimonio Natural da Xunta de Galicia», o pasado venres o alumnado de 5º e 6º de EP participou dunha charla-obradoiro onde aprenderon a importancia das zonas húmidas en Galicia, identificaron rastros e pegadas de diferentes aves acuáticas e levaron a cabo […]