Visita de exparlamentarias galegas
O pasado luns, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a visita de Leticia Gallego , María de los Ángeles García e Carmen Adán, exparlamentarias galegas coas que tiveron unha charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia e a súa experiencia na política. Puideron coñecer como foron os seus inicios na política, as súas […]
Semana da Ciencia
Este ano, e con motivo do noso PDI «Todas as cancións falan de min», fusionamos ciencia e música para celebrar a nosa semana da ciencia. Aprendimos cousas curiosas sobre a relación entre as matemáticas e as harmonías, entre a física e a beleza das ondas sonoras, creamos música con limóns, fabricamos os nosos propios «inter-comunicadores» […]
Espectáculo de danza Emovere
O pasado luns, e como parte do PDI deste ano, o alumnado de 3º e 4º da ESO asisitiu ao espectáculo de danza do grupo Emovere, no auditorio de Vigo, posto en escea pola compañia Combai da Fundación Igualarte. Viaxamos dan man de grandes artistas que nos fixeron comprender e sentir alegría, tristura, ira ou […]
Comendo células
O estudo da estrutura das células pode resultar complicado polo seu tamaño e a complexidade das mesmas. Pero se «creamos» nós esas células en 3D, xigantes e ademais con materiais diversos como plastilina, xelatinas ou lambetadas, quen se vai a resistir a «probalas»?. Aquí tedes o resultado dos traballos do alumnado de 3º ESO. Un […]
Luces, cámara e acción!
Despois do duro traballo do primeiro trimestre repartindo os papeis, os personaxes, os diferentes cargos e discutindo sobre o guión, agora si, comezamos coas gravacións do gran musical de 4º ESO «Hoxe non me podo levantar». Está resultando un traballo sorprendente e enriquecedor, pero sobre todo moi divertido onde non deixamos de rir en cada […]
A química é aburrida?
Que a táboa periódica dos elementos químicos é complicada e difícil de entender? Pois facemos unha!. Así o alumnado de 2º ESO elaborou a súa propia táboa periódica cos elementos químicos máis representativos, redactando eles mesmos as súas características e traíndo diferentes materiais que contiñan o elemento que cada un seleccionou, por suposto ataviados como […]
Día da Non Violencia e a Paz
O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Grazas ao alumnado de 4º EP por facernos pasar un rato con moito ritmo coa adaptación da poesía de Gloria Fuertes «Solo tres letras» e unha coreografía de percusión con claves moi orixinal. Despois seguimos co apadriñamento lector, onde […]
PORTAS ABERTAS «MEDRANDO XUNTAS E XUNTOS»
O próximo mércores 26 de febreiro ás 17:30 invitámosvos a coñecer o noso cole, un espazo de respecto rodeado da beleza da nosa natureza galega. Inscripcións: chama o 986-46.94.12 ou escríbebos ao, cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal