Novas

Formación Bibliotecas escolares

O pasado martes o profesorado da ESO estivo nunha formación dentro do programa de Dinaminación de Bibliotecas Escolares, no IES Valadares. Grazas a Alejandra polo teu tempo, foi unha tarde moi interesante na que aprendimos moitísimo.

25N

ARTE E RESISTENCIA: MULLERES QUE LOITARON CO SEU PINCEL O 25 de novembro celebrouse o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano quixemos lembrar esta data a través da arte, coñecendo a vida e a obra de mulleres artistas que sufriron a violencia, o esquecemento ou a desigualdade, pero que souberon transformar […]

Visita MUNCYT e Casa das Ciencias

Co motivo da Semana da Ciencia, o vernes o alumnado de 1º e 2º ESO visitou o MUNCYT e a Casa das Ciencias en A Coruña. Participaron nun obradoiro de electricidade construíndo os seus propios circuítos eléctricos, experimentaron con algunhas das Leis da Física mediante a experimentación e o xogo, e viaxaron á Lúa, identificando […]

Doce ADN

Estes días o alumnado de 4º ESO estivo aprendendo un pouco máis sobre a molécula do ADN, a súa estrutura e a súa composición química. Construímos varios modelos dunha dobre hélice de ADN en papel e noutros soportes. Cal quedou mellor? A Ciencia sempre é divertida!

Representación da Terra

Nunca foi tan divertido, nin tan rico, estudar as liñas imaxinarias de dividen a Terra. Estas semanas o alumnado de 5º EP estivo traballando na representación de meridianos e paralelos utilizando diferentes materiais.

Obradoiro de minerais

O mércores 22 de outubro o alumnado da ESO visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEMe), da Universidade de Vigo, para levar a cabo un obradoiro de recoñecemento de minerais dentro do programa de actividades de divulgación científica que está levando a cabo a EEMe ao longo do curso. Durante a mañá […]

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 25-26

Xuntas e xuntos Iniciamos un novo curso cheo de ilusións, retos e aprendizaxes compartidas. O noso lema será “Xuntas e xuntos”, porque só en equipo podemos medrar, crear e soñar. Este ano o PDI terá como protagonista A ARTE, que nos acompañará nas aulas como fonte de expresióN e creatividade. 💡 Agárdannos novos proxectos, lecturas, xogos, experiencias culturais e […]