Novas

Obradoiro de Xaponés

Hoxe o alumnado de 6° EP participou nun obradoiro de xaponés impartido por Diana no que tiveron a oportunidade de achegarse ao coñecemento da cultura xaponesa e os seus alfabetos. A actividade resultou moi divertida e enriquecedora. Grazas, Diana!

Festival azul

O alumnado de 1º ESO participou no Festival da Semana Azul organizado pola Asociación Clúster Náutico Rías Baixas e desenvolvido nas instalacións do Real Club Naútico de Vigo. Primeiro participaron no Obradoiro de redeiras, no que o alumnado coñeceu esta profesión e aprenderon como se traballan as redes. A continuación tiveron o Bautismo de vela. […]

Obradoiro Especies invasoras

Esta mañá unha compañeira da asociación AMABUL acompañou aos cursos de 1º,2º, 3º e 4º de Primaria para facer algunhas actividades e divulgar información acerca da flora invasiva que temos en Galicia e que moita dela a podemos atopar na nosa contorna.

Historia da música

O alumnado de 2º de primaria gozou da celebración do aniversario de Martiño, a súa familia trouxo varios videos moi curtos dende o comezo da música, onde o corpo era o primeiro e único instrumento, pasando polo canto gregoriano, o Jazz, Blues, ata chegar á música electrónica actual.

Bolos Celtas

Gabri e Jairo, do clube de Bolos Celtas do Ceán (Nigrán) visitaron o colexio e explicaron ao alumnado dos diferentes cursos en que consiste este xogo tradicional, un pouco de historia e moita práctica. Adentrándose así, nun deporte moi descoñecido para moitos e moi practicado na nosa contorna (Val Miñor).

Pintamos ao ritmo da música

O alumnado de 4ºde educación infantil pinta ao ritmo da música instrumental:violín de Aran Malikian, pintamos nun soporte amplo, deixando liberdade de movemento. Traballando así o ritmo e a grafomotricidade. 

Entrada de nuestro colegio Andersen
Voluntariado na biblio

Un curso máis contamos coa inestimable axuda do alumnado de 5º e 6º de Primaria que con notable entusiasmo, vestidos e identificados cos seus chalecos e a nosa mascota Kamaleo, colaboran na realización de todas as actividades tanto de tipo técnico como de animación á lectura. Grazas a eles e a elas a nosa biblioteca […]

BENVIDOS AO CURSO 24-25

Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”. Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por todo o corpo Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “Todas as cancións falan de min”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita bailar ao son da música […]