O pasado venres ao alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha charla-obradoiro sobre orientación académica a partir dos videoxogos, organizada pola Universidade de Vigo (Grao en Tradución e Interpretación) e impartida por Leticia Robles, pertencente ao programa de doctorado en Traducción & Paratradución, e que percorre diferentes centros amosando a importancia deste sector na dinamización cultural e lingüística do galego.
O obxectivo desta exposición-obradoiro itinerante pionera, que engloba materiais físicos e dixitais, é dar visibilidade aos videoxogos desenvolvidos ou traducidos ao galego e poñer en valor a creatividade, a tecnoloxía e a identidade lingüística neste ámbito en constante expansión, fomentando unha reflexión crítica sobre o papel da lingua na industria do videoxogo.
Foi unha experiencia moi interesante! Grazas Leticia polo teu tempo!

