Transporte

Transporte escolar

 

O Colexio Andersen ofrece un servizo de transporte escolar pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias.

O centro conta cunha liña de autobús con percorrido urbano e interurbano desde o centro de Vigo ata o colexio, dispoñible todos os días lectivos e sempre coa presenza dun responsable do centro, garantindo a seguridade e o acompañamento do alumnado.

Ademais, dispoñemos de dúas furgonetas escolares que realizan rutas polos núcleos da contorna, con percorridos específicos polo Val Miñor e Gondomar, achegando o colexio a diferentes zonas próximas.

Como servizo complementario, e pensando especialmente na conciliación familiar, unha das furgonetas realiza un traxecto cara a Vigo despois do horario de comedor, facilitando o regreso do alumnado á cidade unha vez rematada a xornada ampliada.

 

Disponemos de transporte propio, una pequeño micro bus para las rutas de transporte disponibles.

AUTOBÚS VIGO

Ofrecemos unha ruta por Vigo cun itinerario flexible, que se adapta cada ano ás necesidades do alumnado, buscando sempre facilitar a conciliación das familias.

RUTA VAL MIÑOR 1

Contamos cunha ruta propia desde Baiona!
Furgoneta exclusiva co itinerario adaptado cada ano, garantindo comodidade, seguridade e flexibilidade para as familias.

RUTA VAL MIÑOR 2

Ruta propia desde Val Miñor 2 !
Furgoneta exclusiva co itinerario adaptado cada ano, combinando comodidade, seguridade e flexibilidade para as familias.

RUTA DESPOIS DO COMEDOR

Ruta a Vigo despois do comedor
Ofrecemos transporte cómodo e seguro para o alumnado, facilitando a conciliación das familias despois do comedor.

RECORRIDO DESPOIS DO COMEDOR 25-26