Matrículas e Inscricións 26-27

PORTAS ABERTAS

📅 23 de xaneiro | 🕔 17:00 h

O Colexio Andersen Vigo convidámoste a vivir unha tarde diferente para toda a familia. Descobre as nosas instalacións, o entorno natural e participa en actividades que che permitirán sentir de primeira man como aprendemos, medramos xuntas e xuntos e gozamos da educación.

Para visitas máis personalizadas, chama ao 986 469 412 ou escribe a cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal.

Prazos de Matrícula 2026-2027

1 – 20 de marzo: Presentación solicitudes admisión.
21 marzo – 5 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.
25 de abril: Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
15 de maio: Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido.
20 – 30 xuño: Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.
23 de xuño – 7 xullo: Formalización matrícula ordinaria en Educación Secundaria.

Solicitudes de Admisión

 

Admisión: Do 1 ao 20 de marzo do 2026 ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Información e Documentación Importante

  • Criterio Complementario do Centro:
    • “O/A solicitante sexa familiar dun antigo/a alumno/a ou alumno/a matriculado/a no centro no curso escolar vixente”.
  • Impreso Admisión
  • Calendario Proceso Matriculación
  • Nº de Prazas Dispoñibles

 

Zonas escolarización Vigo (Mapa facilitado pola Administración)

Alumnado Infantil e Primaria

  • Zona influencia: 13
  • Zonas limítrofes: 8, 9, 10, 11 e 12.
  • Concellos limítrofes: Gondomar, Mos, Nigrán e O Porriño.

Alumnado Secundaria:

  • Zona influencia: 7
  • Zonas limítrofes: 6 e 8.
  • Concellos limítrofes: Gondomar, Mos, Nigrán e O Porriño.