O alumnado de 2º ESO levou a cabo unha mostra de instrumentos musicais elaborados por eles ao longo de todo o proceso. Empregando sobre todo cartón, botellas, gomas, anacos de madeira e outros recursos, puxeron de manifesto a súa creatividade e destreza no ámbito musical e artístico.





