O pasado venres, o alumnado de secundaria asistiu á Feira educativa anual nas instalacións do Verbum. Esta actividade leva unha década guiando a estudantes, familias e profesionais da educación polas moitas vías formativas dispoñibles para construír un futuro sólido ou emprender procesos de reciclaxe profesional. Durante a nosa visita o alumnado recibiu unha pequena charla explicativa das diferentes propostas educativas e formativas, titulacións e saídas profesionais da feira, participando activamente en moitas delas. Foi unha mañá moi interesante.


