Novas

Espectáculo de danza Emovere

O pasado luns, e como parte do PDI deste ano, o alumnado de 3º e 4º da ESO asisitiu ao espectáculo de danza do grupo Emovere, no auditorio de Vigo, posto en escea pola compañia Combai da Fundación Igualarte. Viaxamos dan man de grandes artistas que nos fixeron comprender e sentir alegría, tristura, ira ou soidade grazas á danza, creando un espazo moi especial de tolerancia e empatía e poñendo o foco nas emocións transmitidas a través dos seus corpos. Foi unha actividade sumamente enriquecedora e que emocionounos a moitos de nós. Bravo Emovere! Desexámosvos moitos éxitos co voso espectáculo!.