Novas

En lembranza de Mari Carmen Filgueira

O Colexio Andersen lamenta fondamente o falecemento de Mari Carmen Filgueira, cofundadora e mestra do noso centro e figura clave na súa creación e desenvolvemento. A súa dedicación, ilusión e compromiso coa educación deixaron unha pegada inesquecible na nosa comunidade educativa.

Acompañamos con todo o noso agarimo á súa familia e persoas achegadas. O seu legado vivirá para sempre no Colexio Andersen.