Como peche ás actividades da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, hoxe o alumnado de 1º ESO recibiu a visita de Romina Àlvarez Troncoso, científica de traxectoria internacional e especializada en limnoloxía, coa que tivemos a oportunidade de achegarnos máis ao mundo da ciencia compartindo con ela as súas experiencias, traxectoria profesional e proxectos científicos. Aprendimos moito máis sobre os ecosistemas acuáticos, a biodiversidade e o cambio climático a través dunha charla-obradoiro máis que interesante coa que Romina agasallounos. Moitas grazas!


