Departamento de Orientación
No noso colexio, a diversidade é unha oportunidade de enriquecemento e guía o noso compromiso cunha educación inclusiva e de calidade.
O Departamento de Orientación, formado por psicóloga, mestra de Audición e Linguaxe, mestra de Pedagoxía Terapéutica, orientadora e profesorado de apoio, traballa coordinado co profesorado e en contacto constante coas familias para adaptar o ensino ás necesidades de cada alumnado.
A súa labor garante unha atención á diversidade efectiva, promovendo unha escola na que cada neno e nena se sinta acompañado, valorado e capaz de desenvolver ao máximo o seu potencial.

